The W.A.B. + Argallada

The W.A.B. + Argallada

Ver entradas
The W.A.B. + Argallada

The W.A.B. + Argallada

Aturuxo Bar. Aturuxo bar, Rúa de Pazos Fontenla, Bueu, España. Ver mapa


Venta online cerrada.

Para más información pregunta al organizador del evento.

Los datos del organizador están en el apartado "Organizado por".

Descripción

The W.A.B.

The W.A.B. nace cun obxectivo: ser un dúo demoledor.

Decepcionados coa escena actual do rock'n'roll, Drake Brenno e Aleksa Kaos deciden formar unha auténtica banda underground con influencias como Discharge, GG Allin ou Celtic Frost.

A música é a banda sonora da súa vida. Unha vida entre amplificadores, baterías e voces desgarradas que cada semana fan tremer as paredes dun garaxe apartado da gran cidade. Alí germina o que bautizaron como “Brutal-Punk”, un estilo cru que mestura a sinxeleza do punk clásico coa contundencia do metal.

Entre esas paredes, eles mesmos gravaron o que será o seu primeiro disco, que irán lanzando durante 2018. Odio, violencia, alienación humana e ataques á escena do rock son a columna vertebral dun traballo visceral.

A filosofía DIY ('faino ti mesmo') é moi importante para a banda: ademais de gravar os seus discos, crean o seu propio merchandising, organizan as súas xiras… todo desde unha estrita ética de autosuficiencia.

Cualificados como “os White Stripes do punk”, en directo son unha apisoadora sónica de riffs, berros e suor que cada día recruta máis seguidores á súa crecente comunidade de wabbers.

O rock'n'roll é estrada e o seu formato dúo permítelles viaxar con total liberdade. O seu próximo obxectivo é virar por toda Europa, á vez que seguen traballando en novas cancións.

Compoñentes:

- Drake Brenno (batería e voz)

- Aleksa Kaos (guitarra e voz)

Argallada

Da fusión entre un aborto de mexillón e un percebe xorde... Argallada! Unha mestura de punk old school con arranxos infernais desde o Morrazo. Temas curtos, mala hostia e a broma como forma de vida, que é o que nos mantén en pé despois de varios anos dando concertos e uns cantos cambios de formación. Facemos música para divertirnos e para cagarnos en todo. Somos pastafaristas e adoramos en segredo ao todopoderoso dinoseto.


En este caso el promotor no ha especificado la política de acceso a menores, si tienes cualquier duda te animamos a que te pongas en contacto directamente con él.

Vídeo

¡Compartir!

Organizado por

Aturuxo Bar

Ver detalles
Nosotros y nuestros socios utilizamos cookies propias y de terceros con la finalidad de ofrecerte el servicio de manera correcta, medir las visitas que se realizan a nuestra web y, en casos concretos, mostrarte publicidad y permitirte compartir contenidos en redes sociales. Puedes obtener más información sobre las cookies, consultando nuestra Política de Cookies.